top of page

Iván Manso Silva, ou como convertir pasión en profesión

  • Foto del escritor: Sara Martínez
    Sara Martínez
  • 19 mar 2019
  • 7 Min. de lectura

Iván Manso Silva naceu no 1980, en Xubia, no concello de Narón. Se ben dende pequeno amosou grande interese na auga (fixo natación ata ben entrada a adolescencia),non lle foi doada a inmersión no surf. Sen escolas que lle ensinaran todas as claves de dito deporte, foron moitos os golpes que tivo que levar antes de acadar o seu primeiro premio de bodyboard (modalidade do surf). Tras anos vivindo para a súa paixón, en xullo do 2013 decidiu que xa era hora de axudar a outros a descubrir este deporte e creou, con non poucos problemas en canto a trámites burocráticos e demais, ValdoSurf School, unha escola na que ensinar a nenos e adultos como coller unha onda correctamente e non mancarse no intento. Ser coñecido neste mundo, debido aos anos de competicións e aprendizaxe polo mundo, fixo posible que acudiran ás súas clases non só nenos e adultos con ganas de aprender algo novo, senón tamén profesionais do surf que levaban tempo querendo coller ondas con el. Unha clientela variada e cada vez máis numerosa que levaron á empresa a crecer, contratando cada vez máis surfistas que puidesen impartir clases. A finais do pasado ano, 2017, contactou con el outro grande do surf, Ferroltera Surf S.L., para asociarse nun novo e ambicioso proxecto: un surf & breakfasts na capital mundial do surf, Valdoviño, con campamentos para os máis novos incluídos (ao final Iván Manso rematou por comprarllo, e chamouno TheCamp Doniños).


SARA​​: En que momento te decataches de que che gustaba o surf?


IVÁN​​: A verdade é que comecei por probar algo novo e por pasar o tempo e non aburrirme na area. Unha vez o probei, non sei, non sei que fai na cabeza dun este deporte, que me mantén a día de hoxe.


S:​​ Que é o mellor que che regala o surf?


I: Pois… coa miña idade, regálame tranquilidade mental. Coller olas nun ambiente natural, só, sen preocupacións...inhíbesche de todo e eu penso que é unha forma de relaxarte do día a día.


S: Sempre escoitamos falar, mesmo semella ser algo de cultura xeral, das lesións  e tenistas: cales son as máis habituais no surf e cales tiveches ti?


I: As lesións máis habituais son lesións de espalda, de médula… A máis importante que tiven eu é un caso especial porque,aquí non é habitual pero hai moitas zonas onde o fondo en vez de ser de area é de coral ou de roca. No meu caso foi nunha das de roca e tiven unha lesión importante no xeonllo dereito, partín a rótula. Estiven aproximadamente 1 ano sen poder surfear e sí que foi...bastante incómodo,por non dicir que me puxo de mala hostia.


S: A nivel persoal, como definirías o mundo do surf?


I: ​​Pois verás. Enténdese que no surf hai coma un… que se fas surf es un vividor, estás na praia e incluso es “un fumetas”. Pois ese estereotipo de persoa non é a real na actualidade do surf. Si que hai uns cantos que viven para o surf, que queren vivir co mínimo e están todo o día na praia, pero o entorno que nos rodea é xente que pode ter perfectamente un traballo estable,ser un alto cargo directivo ou mesmo un traballador normal e corrente. Hai de todo. Este deporte pódeo practicar todo tipo de xente, en calquer momento.


S​​: Isto lévame a outra pregunta que é que moitas veces tendemos a ver o surf coma un deporte bastante caro ou incluso elitista, é así? Ou verdadeiramente pode practicalo calquera aínda que non dispoña de moitos recursos económicos?


I:​​Sí, sí. Non fai falla ter moitos recursos. Si é verdade que se queres comprar o material e ir disfrutar de olas que están a miles de km, cunha temperatura da auga quente, etc., pode resultar caro, pero se realmente o que nos gusta é o surf e queremos practicalo ao lado da nosa casa, con simplemente comprar o material...é o gasto inicial e acabouse. O resto vai depender de ti, das túas capacidades.


S: ​​Vin que nas vosas instalacións de TheCamp ofrecedes un gran número de actividades e non só surf como tal. Se tivese que decidir un campamento de verán, por que pensas que a xente se decantaría por TheCamp?


I: ​​Por que se decanta? Porque nós temos as instalacións nun medio rural, onde se desfruta da natureza. Realmente a sensación do surf é estar só, apartado, relaxarte...pois TheCamp está nun sitio onde ti podes ter esas sensacións e as actividades que ofrecemos están en relación: skate pola zona, kayak ou vela, rutas de senderismo, incluso yoga para relaxarte, así que todos estos deportes ou actividades que ofrecemos van da man da práctica do surf.


S: ​​TheCamp Doniños ademais aparece en webs internacionais de surf, a que pensas que se debe este éxito?


I: Iso penso que forma parte do bo trato cara os clientes e tamén é un traballo interno de marketing e demais. Cando empresas como Quiksilver piden traballar connosco será porque viron un traballo na nosa escola e un feedback dos clientes moi bo, de ahí que estas páxinas ou estas revistas non teñan dúbida en nombrarnos nas súas webs.


S: En relación a isto, é importante saber idiomas para desenvolverse no mundo do surf? Podería dicirse que o inglés é o idioma oficial do surf?


I: Si si, de feito na época de verán, que é época onde realmente hai negocio, pódese dicir que o 40% dos clientes fala inglés e necesitan que se lles fale nese idioma. De ahí que unha das miñas esixencias á hora de contratar monitores é que saiban...non que saiban inglés, que saiban interactuar en inglés, que é algo un pouco diferente. En TheCamp ensinamos inglés mediante inmersión, é dicir, os monitores son nativos e iso obriga aos alumnos a falar en inglés dentro da auga, todo o tempo.


S​​: Agora que está moi de actualidade o medio ambiente e a súa sostenibilidade, facedes actividades que teñan que ver coa protección do medio ambiente?


I: ​​Si, todos os anos facemos 4 ou 5 charlas sobre como funciona o medio ambiente e como coidar o entorno nas que nos axuda unha fundación, Ecombat, aportándonos materiais para poder realizar estas clases. Nestas clases explicamos como manter limpas as praias, como debemos coidalas e como temos que facer á hora de manter todo o noso entorno limpo.


S​​: Que valores pensas que lles ensina o surf aos rapaces? Digo aos rapaces porque se presupón que os adultos xa os levan aprendidos da casa (risas).


I:(Risas).Coñecerse os uns aos outros e que haxa respecto polos demais. De feito hai normas ou leis na praia, que non son escritas senón que as coñecemos nós, que consisten no respecto primeiro da xente que está na praia, despois respecto no auga e cara os demais surfistas, o bo rollo que ten que haber sempre no auga. Ao final non é máis que ser boas persoas: se ti es unha boa persoa na vida, vas ser unha boa persoa no teu traballo...con todo o mundo. E se es unha….unha merda de persoa vas ser unha merda en todo. Entón o que queremos facer é que estes rapaces sexan boas persoas, que saiban escoitar aos demais, tanto no surf como logo na súa vida.


S: Na túa opinión, que características físicas e de carácter ten que ter un neno que queira competir ou que queira gañar unha competición?


I: Bueno, primeiro de todo ten que ser algo que salga del,e ten que ser moi traballador e constante no seu traballo. Pero o máis importante é que realmente teña gañas e lle guste, aínda que iso é así en tódolos deportes: se non entrenas e non lle pos dedicación non vas chegar a nada, por moito talento que teñas. O importante é a constancia.


S​​: Que lle dirías agora mesmo a alguén que esté loitando agora mesmo por facer realidade o seu sono e vivir del?


I:​​ Hai un dito que di que se che gusta o que fas, nunca traballarás. É dicir, que se te mola e lle pos empeño, vas saír seguro fagas o que fagas. Se pola contra, montas algo porque pensas que che vai dar diñeiro, pero sen saber de que vai, se só che interesa o diñeiro, non ten saída, iso seguro.


S: Tiveches que facer grandes sacrificios a nivel persoal para poder chegar a onde estás?


I: Si. Pois mira, dende fai 5 anos perder todos os meus veráns traballando a tope e chegar á casa e, xa que non podo vivir disto de momento, chegar á casa e seguir traballando, si que me parece que estou facendo un esforzo bastante grande. Agora si que estou contratando a novos traballadores que están realizando o que se sería o meu traballo, pero si que perdín bastante tempo previamente. Aínda que non o considero unha pérdida de tempo, senón que é algo que me gusta: unha inversión.


S: Pensas que está ben valorado na sociedade o surf ou quizais está algo infravalorado con relación ao fútbol por exemplo?


I: Non está nada valorado, vamos. Pero iso facémolo nós, o valor das cousas poñémolo nós como sociedade, como humanidade. Se a nós nos gusta o fútbol, e non só a España senón á metade do mundo, ese fútbol vai ter uns recursos e unhas facilidades das que non vai dispoñer o surf. Date conta que o surf non o podes realizar por exemplo en toda España, fai falla ter costas. Se todas as provincias e todos os pobos tivesen unha ola para facer surf, seguramente si que sería un deporte prioritario, pero non o vai a ser porque non temos as infraestruturas necesarias para practicalo en todo o mundo.


S​​: Como emprendedor, tras formar ValdoSurf ou TheCamp, cres que é sinxelo en España emprender ou no se axuda en nada aos empresarios?


I​​: Non temos, dende a miña experiencia, facilidades dende a política para crear algo. Se non creen que isto é necesario, e tendo en conta toda a corrupción da política e a súa diplomacia, vante deixando de lado e como non poñas ti da túa parte…é difícil. Si que o Estado ofrece subvencións e demais, pero non son nada ao que ti tes que aportar para montar unha empresa nova.


S: Xa para rematar: empezaches como monitor ocasional, no 2013 creaches ValdoSurf, nun par de anos duplicaches o número de alumnos e a infraestrutura da túa empresa, este 2018 adquiriches TheCamp...dá a sensación de que sempre hai un proxecto rondando a túa cabeza. Cal é o seguinte?


I: Pois o seguinte é...TheCamp Valdoviño, facernos con Ferroltera enteira (risas). É un proxecto. Estamos en mans das financeiras.



ree

Comentarios


fotodeperfil.png
Sobre mi

1999. Diciembre. Decidí ver el sol en la bonita ciudad de A Coruña . Y pese a haber nacido el día del derby (Dépor-Celta), no entiendo de fútbol. Bueno, no entiendo de ningún deporte, en general.

 

Read More

 

Suscríbete!

Graciñas :)

  • White Facebook Icon

© 2023 by Going Places. Proudly created with Wix.com

bottom of page